Publicado o plan de formación da EGAP para o ano 2018

O plan de formación da EGAP publicado no DOG do 2 de xaneiro recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas Instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Este ano, logo da consulta a todos os asociados, fixemos unha proposta daqueles cursos respecto dos que nos manifestáchedes interese.

Finalmente a EGAP incluíu no seu plan de formación dúas aportacións desta asociación:

1. CURSO MONOGRÁFICO SOBRE A PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA COMO MÉTODO DE XESTIÓN PÚBLICA

2. CURSO SOBRE OS PRINCIPIOS DE BOA REGULACIÓN NO ÁMBITO NORMATIVO ESTATAL E AUTONÓMICO

A resolución ten carácter informativo e a matrícula ás actividades queda ligada á publicación das diferentes convocatorias no DOG.

Aquí tedes o enlace coa publicación do Plan.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180102/AnuncioO150-221217-0003_gl.html

Continuaremos colaborando coa escola para que se recollan cursos que sexan do interese dos asociados/as en aras da nosa mellora profesional.

Grazas pola vosa participación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies