Publicada a Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

O DOG de hoxe 26 de febreiro publica a Lei de simplificación administrativa e de apooo a reactivación económica de Galicia. Esta lei realiza modificacións en determinados procedementos administrativos relacionados coa autorización de instalacións eléctricas, parques eólicos, autorizacións ambientais, urbanismo, etc.

En materia de organización do traballo do persoal funcionario se establece a posibilidade de asignación de funcións a tempo parcial, que limita exclusivamente ao ámbito de xestión de proxectos financiados con fondos dos instrumentos europeos de recuperación ou outros fondos europeos.

A persoa titular da secretaría xeral técnica da consellaría encargada da xestión destes poderá acordar a asignación de funcións a tempo parcial, ata un máximo do 80 % da súa xornada, ao persoal funcionario ao servizo do departamento, sen cambio de adscrición nin do posto de traballo nin da persoa.

Tamén está previsto a posibilidade de asignar persoal de distintas consellarías ou entidades a tempo parcial para colaborar na xestión dos ditos fondos, coa previa proposta motivada da consellaría de destino, que deberá indicar que non dispón de efectivos suficientes, e co informe favorable da consellaría de orixe do empregado público. Esta asignación requirirá resolución conxunta das direccións xerais da Función Pública e de Avaliación e Reforma Administrativa. 

A Lei autoriza o nomeamento de persoal interino para o apoio nas funcións propias do empregado público que voluntariamente coopere durante a súa xornada laboral na confección ou xestión dos proxectos  europeos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies