Publicación no diario El Correo Gallego da nosa carta en defensa do concurso e do Corpo Superior

Carta Agrupa sobre Concurso Específico para El Correo Gallego

Hoxe martes 31 de xullo, publicase no diario El Correo Gallego a nosa carta en defensa en defensa do concurso específico e do Corpo Superior como xestores dentro da administración pública galega. A carta pretende chamar a atención sobre a necesidade de implantar sistemas máis obxectivos de selección de persoal que nos permitan a todos coñecer con claridade cales son os méritos que se necesitan para acceder a tales postos.

A carta se publica como consecuencia da sentenza do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia que deixa sen efecto un procedemento de selección de candidatos para cubrir un posto dentro da institución da Valedora do Pobo, a Asociación de Funcionarios do Corpo Superior da Xunta de Galicia quere facer pública a súa postura e por en valor aos membros do Corpo Superior, así como a necesidade de introducir cambios no sistema de selección do persoal para o acceso a determinados postos reservados a funcionarios públicos dentro da administración pública galega.

Agredecemos a El Correo Gallego a boa disposición a hora de comunicar a nosa postura neste asunto que xa fora obxecto de publicidade a traves da nosa web e do correo electrónico.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies