Presentado o documento que recolle as orientacións estratéxicas para actualizar os procesos selectivos na AXE.

O documento se encadra dentro do plan da AXE para actualizar o modelo de selección, sobre a base da planificación estratéxica das necesidades de recursos humanos da organización. As orientacións forman parte dun proxecto máis amplo de Captación do Talento dentro da AXE

Dentro dos contidos recollidos nestas orientacións estratéxicas hai cinco grandes apartados para desenvolver no futuro a selección de persoal na AXE. Estes apartados son:

  • Planificación da selección, que teña en conta as necesidades cidadás e a súa previsible evolución, de forma que a selección se oriente cara elas.
  • O sistema de oposición, precisa da súa axilización facendo uso pleno das tecnoloxías da información, realizando varias probas no mesmo día e transitando dun sistema máis memorístico a outro onde se valoren máis as competencias das persoas aspirantes.
  • Un novo modelo de curso selectivo, que acurte a súa duración para fomentar a igualdade de oportunidades.
  • Fomentar a igualdade e a diversidade, reducindo tempos de desenvolvemento das probas e favorecendo o acceso a materiais de aprendizaxe.
  • Profesionalización dos órganos de selección e mellora da súa cualificación técnica para dotar de maior transparencia a designación dos tribunais. Ademais de coñecementos técnicos será preciso ter coñecementos en selección de persoal.

Gran parte destas orientacións como a mellora do sistema de oposición ou a profesionalizaicón dos órganos de selección son peticións que dende hai longo tempo ven facendo a Asociación á Dirección Xeral de Función Pública.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies