Premio de investigación da Asociación de Funcionario do Corpo Superior.
A Xunta Directiva da Asociación acordou convocar un premio de investigación que ten como obxectivo fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre a lexislación e xurisprudencia que sexa de aplicación á nosa comunidade autónoma.
Poderán participar nesta convocatoria os/as funcionarios/as do corpo que estean asociados/as no momento de presentar a solicitude. Gardarase reserva sobre a identidade de cantas persoas participen no premio, e unicamente serán obxecto de publicidade o nome e apelidos da persoa ou persoas gañadoras deste.
O primeiro premio consistirá na publicación do traballo galardoado nunha das revistas editadas pola Escola Galega de Administración Pública, previa adaptación aos requisitos esixidos polas normas de publicación destas. No caso de que o traballo non sexa publicado, o gañador recibirá un premio en metálico de trescentos euros (300.- €) con cargo a Asociación. Tamén se lle entregará á candidatura gañadora un diploma acreditativo de tal condición. O segundo premio en metálico está dotado con cento cincuenta euros (150.- €).
Os traballos serán orixinais, inéditos e non premiados con anterioridade. As condicións e estrutura dos traballos a presentar pódense consultar nas seguintes Bases premio investigacion-2019
A presentación dos traballos debe ser obrigatoriamente por medio do envío dun correo electrónico ao enderezo info@corposuperior.es debendo facer constar no asunto do correo o nome e apelidos da persoa participante así como a referencia ao Premio de Investigación Agrupa.
O xurado formado por tres persoas que se designarán no seu momento, terá en conta como criterios de valoración o interese, a relevancia e o carácter innovador do estudo; a calidade científica do traballo, o rigor metodolóxico, o emprego de fontes documentais e a elaboracións de conclusións, entre outros.
O prazo de presentación de traballos remata o día 30 de setembro de 2019.
Versión libreoffice: Solicitude para participar Premio Investigacion
Versión pdf: Solicitude para participar Premio Investigacion
Bases premio investigacion-2019
Pingback: Nomeamento do xurado do premio AgrupA - ASOCIACIÓN DE FUNCIONARIOS DO CORPO SUPERIOR DA XUNTA DE GALICIA
Pingback: Fallo do xurado do premio AgrupA - ASOCIACIÓN DE FUNCIONARIOS DO CORPO SUPERIOR DA XUNTA DE GALICIA