O Goberno constitúe un comité de expertos para a reforma da Administración Pública.

 

O pasado 28 de abril constituiuse o grupo de expertos do Ministerio de Política Territorial y Función Pública para a análise e a proposta de reformas na Administración Pública. Tamén se encargarán de identificar, ensaiar e avaliar iniciativas que actúen a curto e medio prazo de motor de innovación na Administración Xeral do Estado.

O obxectivo do grupo é definir as medidas que considere se deben adoptar con carácter máis urxente. O resultado dos traballos se recollerán nun documento e concluirá cunha proposta sobre os posibles eixos estratéxicos da reforma.

O Ministerio seleccionará algunha das propostas para realizar ensaios e plans piloto en determinados organismos ou unidades administrativas. Logo desta implantación o propio grupo de expertos avaliará o resultado deste proxectos coa finalidade de mellorar o necesario.

Entre as áreas ás que se dará maior prioridade son a transformación dixital, facer unha administración pública atractiva e accesible para as xeracións novas, a innovación e a implementación de reformas.

Debemos destacar que entre o grupo de expertos forma parte a galega Concepción Campos Acuña, funcionaria de habilitación nacional na Administración Local, colaboradora como docente na EGAP e presidenta da asociación Mujeres en el Sector Público.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies