Luto polo falecemento da socia Beatriz Rodríguez Fraga

Hoxe mércores 14 de agosto soubemos da triste nova do pasamento da nosa socia Beatriz Rodríguez Fraga, logo dunha grave enfermidade.

Integrante do Corpo Superior dende o ano 1993, ocupou entre outros postos o de vicesecretaria xeral da Consellería de Presidencia entre os anos 2005 e 2009. Na actualidade exercía como conselleira no Consello de Contas onde foi nomeada no ano 2016.

Estivo no inicio da Asociación no ano 2013 sendo unha das primeiras en achegarse a primeira asemblea en decembro desde ano. Dende o comenzo das actividades mostrouse moi participativa e colaboradora coas propostas realizadas polas distintas xuntas directivas, como por exemplo na homenaxe polo 25 aniversario da súa promoción que realizamos en novembro do ano pasado, onde puidemos contrastar a súa simpatía.

Os que a trataron máis directamente falan dunha muller cunha grande capacidade de traballo, de bo talante e excelente disposición para todo o que fora traballar polo ben da administración.

A Xunta Directiva da Asociación e todos cantos a coñeceron queremos expresar o noso máis fondo pesar polo falecemento a familiares, amigos e compañeiros de traballo. Descanse en paz.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies