III Premio empregados/as públicos/as innovadores/as.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) publica no DOG do martes 18 de maio as bases que regulan a convocatoria do III Premio de empregados/as públicos/as innovadores/as.

Este premio pretende fomentar o desenvolvemento da compra pública de innovación. O obxectivo do Premio é sensibilizar e incentivar o uso da innovación para a mellora dos servizos públicos e a optimización na xestión dos recursos públicos.

A convocatoria segue a liña establecida en edicións anteriores e haberá dúas categorías:

a) Identificación de oportunidades, na que se premia a identificación de oportunidades ou retos de innovación dentro de Administración. Quen decida participar nesta categoría deberá definir a problemática e as razóns que motivan a necesidade da súa resolución.

b) Proxecto coa temática máis innovadora,. Neste apartado premiaranse os proxectos innovadores xa realizados ou en curso. A candidatura deberá  detallar o proceso do proxecto, expoñer os puntos considerados fundamentais e xustificar as características que outorgan carácter innovador ao seu proxecto.

A concesión do Premio constará como criterio a valorar dentro da carreira profesional por parte do órgano competente en materia de función pública.

O prazo de presentación de candidaturas remata dous meses despois do día seguinte ao de publicación no DOG. O Premio está dotado con 2.000 euros en metálico para cada categoría no caso de individuos e 3.000 euros no caso de candidaturas grupais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies