Homenaxe no XXV aniversario da promoción de 1993

Hai 25 anos que foron nomeados funcionarios os integrantes da primeira promoción do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia logo de superar o proceso selectivo convocado no ano 1992. As 420 persoas que a conformaron contribuíron activamente a por en marcha a organización e o funcionamento da administración pública en Galicia. Por isto, dende a Asociación de Funcionarios do Corpo Superior cremos que é importante recoñecer publicamente a valía do seu traballo e dos logros acadados durante este cuarto de século por todo o Corpo Superior.

Para agradecer persoalmente e dun xeito solemne a súa labor, a Asociación vai a organizar un acto de homenaxe dirixido a todas as persoas que aprobaron aquela oposición ao Corpo Superior. Como persoa integrante da Asociación estariamos encantados de poder contar coa túa presenza e sumarte a este recoñecemento.

O acto de recoñecemento será en exclusiva para socios/as da Asociación e para todas as persoas que aprobaron a convocatoria do ano 1993 ao grupo A. Para participar neste día de recoñecemento, ponte en contacto connosco e confirma a túa asistencia ao acto que tería lugar o día 9 de novembro deste ano 2018 en Santiago de Compostela no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública ás 17.00 h.

Comparte e publica esta nova o máis posible para que todos os que formaron parte de esa promoción de persoal funcionario, pioneira na nosa administración pública, poidan participar no homenaxe.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies