Función Pública pretende xeralizar o concurso-oposición

Recentemente tivemos coñecemento da pretensión da Dirección Xeral da Función Pública de que as próximas OPE o sistema de selección por defecto para prazas de acceso libre sería o concurso-oposición. Rómpese a tradicional separación entre acceso libre por oposición pura e promoción interna con concurso-oposición. O obxectivo desta medida é evidente ao tratar de favorecer a permanencia de persoal temporal dentro da Administración.

Moi próximos no tempo estan os procesos de consolidación e estabilización do persoal da Xunta de Galicia, os cales deberían ser garantía suficiente para asegurar un acceso “preferente” a colectivos en situación de emprego temporal.

Dende a Asociación avogamos pola vía da oposición como garante dos principios de igualdade, mérito e capacidade, de xeito que, a redución da temporalidade sexa afrontada de xeito específico e que o resto das OPES se configuren sobre a base da oposición libre, como o medio idóneo para permitir que teñan posibilidades de ingresar no emprego público aqueles que se esforzan dende fóra pos preparar uns programas de acceso e non só aqueles que atesouran anos de antigüidade na administración. Non podemos aceptar que se peche este acceso a todos os opositores que afrontan uns anos de importantes ofertas de emprego e aos que un sistema de concurso-oposición lles deixa nunha situación de desigualdade manifesta.

Manifestamos non noso escrito que esta variación no sistema de acceso xeral, supón un retroceso respecto da situación actual, nun momento crucial para a renovación do persoal da administración pública galega, deixando a un numeroso colectivo de opositores sen posibilidade real de acceder ao emprego público, máxime cando as oposicións de acceso libre permiten conseguir talento e coñecementos que axudan a mellorar e renovar as ideas e o desempeño na administración pública.

Cuestión distinta é a configuración e o deseño das probas nas que consista o proceso selectivo. Isto entronca coa defensa que dende a Asociación de Funcionarios do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia estamos a facer de que os procesos de acceso ao corpo superior deben necesariamente incluír e primar as probas dirixidas a avaliar as competencias profesionais e os coñecementos necesarios para garantir o axeitado exercicio das funcións inherentes ao mesmo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies