Fallo do xurado do premio AgrupA

O Xurado do Premio de Investigación Agrupa 2019  acordou,  por unanimidade das persoas que o integran, outorgar o primeiro premio D. Enrique Álvarez Romero polo traballo titulado “Regulación de los convenios de colaboración/cooperación en la legislación de la Comunidad Autónoma de Galicia”.

O xurado destaca a forza de síntese que ten o traballo e o seu carácter práctico, destacando o seu afán de servir como punto de partida para as reflexións que se poidan suscitar no día a día laboral. Nesa liña, o xurado entende que o autor prescindiu de disquisicións doctrinais que puideran provocar ao lector a perda de perspectiva do seu verdadeiro fin: ser de utilidade aos asociados como medio e apoio para a solución de dúbidas e como motivación para traballar nesta ou outras liñas de investigación.

Este carácter eminentemente práctico provoca que non sexa posible a publicación do traballo galardoado nunha das revistas editadas pola Escola Galega de Administración Pública, se ben o gañador recibirá un premio en metálico de trescentos euros (300 €) así como un diploma acreditativo de tal condición.

O Xurado tamén decidiu declarar deserto o segundo premio.

Dende a Asociación de Funcionarios do Corpo Superior queremos dar os nosos parabéns a Enrique e invitarvos a todos á entrega do premio que se realizará xunto coa celebración da Asemblea xeral anual. Recordamosvos que este ano, ademais da memoria de xestión e o plan de actuación, levaranse a cabo eleccións para elexir á Xunta Directiva da nosa asociación.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies