Debate no INAP sobre selección de persoal na Administración Pública

O INAP desenvolve dende novembro de 2020 o programa «Repensar a selección do emprego público», que ten o propósito de xerar e sistematizar coñecemento transformador sobre a selección do emprego público mediante a investigación e o debate de ideas alternativas.

Este programa inclúe unha serie de debates virtuais cuxo obxectivo é identificar, contrastar e debater as posicións das persoas implicadas na selección do emprego público da Administración Xeral do Estado.

O derradeiro panel do programa realizarase o próximo 25 de marzo entre ás 16:00 horas e as 19:00 horas e a súa temática serán experiencias comparadas de selección.

Actúa como moderadora María Teresa Díez García (Vogal Asesora. Gabinete Técnico da Secretaría Xeral de Función Pública) e como relatores: José Antonio Garrido Martín. (Subdirector de Xestión de Persoas. CORREOS), Ángela Almendres Cortázar (Directora do Departamento de Persoas e Organización. ISDEFE), Álvaro Aznar Fornies (Director de Organización e Recursos Humanos. TRAGSA), Géraldine Dufort Ravier (Unidade de Fomento de Presenza Española en Institucións da UE. Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación) e Charo Gálvez Vicente (Directora de Recursos Humanos. Paradores)

Cada un dos relatores fará unha exposición inicial por un tempo de 15 minutos. Finalizadas as exposicións, abrirase un debate. De forma paralela á celebración dos debates para repensar a selección do emprego público, o INAP creou unha comunidade virtual en INAP Social para compartir coñecemento e debater sobre a selección do emprego público.

Non é posible a inscrición aos debates porque o aforamento está completo. Todos os debates gravaranse e, posteriormente, estarán accesibles na canle de YouTube do INAP.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies