Creado o primeiro sindicato para a defensa dos intereses do corpo superior.

O conxunto das asociacións profesionais do subgrupo A1, temos realizado o esforzo de crear un sindicato que por primeira vez sexa quen de defender na mesa sectorial de empregados públicos as inquedanzas e problemas que afectan ao noso grupo.

Estamos ante un fito histórico no que imos poder obter a representación necesaria para defender conxuntamente uns intereses que lamentablemente non foron tidos en conta ata o momento.

Con tal fin, no día de onte, publicouse no DOG o depósito dos estatutos do Sindicato de Empregados Públicos de Galicia (SEPGA), que será o sindicato que aglutine os intereses comúns dos funcionarios do grupo A da Xunta de Galicia.

É o momento de apostar por ter voz propia e poder defender na Mesa de Empregados Públicos cuestións como a subida das retribucións; a mellora no nivel de acceso aos corpos; unha formación adecuada ás nosas peculiaridades; o establecemento dunha verdadeira carreira rigorosa e que non se limite a ser un recoñecemento de antigüidade…

O carácter profesional das nosas asociacións é un valor engadido que non imos perder, o sindicato contará co respaldo das asociacións profesionais pero terá unha identidade independente a estas. Non se trata de colisionar cos intereses doutras organizacións sindicais, pero quedou claro que sen esta vía non é posible sentarnos coa administración con voz e voto para que se nos escoite e para defender os nosos dereitos.

Dende a Asociación pedimos o voto para os compañerios/as que vaian a formar parte das listas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies