Convocado o XXIV Premio Manuel Colmeiro de investigación.

A EGAP ven de publicar no DOG do 20 de maio a convocatoria para o Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación que teñan como obxecto as administracións públicas galegas.

Os traballos poderán versar sobre a organización, estrutura, funcións, ámbitos competenciais e/ou actividades administrativas e de servizo público de calquera das Administracións ás que se refire a base primeira. A investigación poderá ser realizada desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica.

A convocatoria, dotada cun premio de 3.500 euros, vai dirixida a persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea.​

O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 15 de outubro de 2021.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies