Convocado o concurso de traslados

A Dirección Xeral da Función Pública ven de publicar no DOG a convocatoria para participar no concurso de traslados. A última convocatoria foi resolta hai máis de dous anos polo que neste concurso poderán participar máis persoal que no anterior.

O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 19 de decembro. A presentación será electrónica en todo caso, ben por medio da plataforma Portax para os empregados en activo ou ben polo Portal da web corporativa da Dirección Xeral da Función Pública

As bases seguen a perpetuar algunhas das limitacións habituais para o persoal integrado no corpo superior. Mantense a infravaloración da pertenza ao subgrupo A1 respecto doutros grupos; a pouca importancia relativa que se outorga a este mérito; a valoración excesiva da antigüidade, que fai que se desincentiven outras formas de acadar puntos que se supoñen máis beneficiosas para a administración (idiomas, cursos,… ); que non se valoren os cursos impartidos polas universidades; e a non valoración como mérito do tempo de docencia en cursos de determinados organismos oficiais.

En definitiva, unhas bases que poderían ser mellores para os intereses dos integrantes do Corpo Superior da Xunta de Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies