Límites á carreira profesional do Grupo A.

O pasado 28 de novembro representantes da nosa Asociación e da de Veterinarios tiveron unha nova reunión na Dirección Xeral da Función Pública en San Caetano para seguir tratando de mellorar a proposta de carreira profesional realizada no seu día.

A nova proposta feita pola nosa parte, inclúe a redución de 4 a 3 anos para acadar o 100% do importe da carreira profesional no Grupo I. Tamén solicitamos que os/as funcionarios/as puideran pasar directamente ao Grupo II sen pasar polo previo, sempre que tiveran o requisito de antigüidade requirido. Podedes consultar o texto da nosa proposta na ligazón ao pe desta nova.

Nun primeiro momento, a intención da Dirección Xeral de Función Pública é a de manter o acordo sinalado para o Sergas en canto a retribucións e tempos. Non obstante, segundo transmiten os sindicatos, parece que as súas presións fixeron efecto. O novo texto de acordo reduce o tempo para acadar o 100% das retribucións no grupo I a todos os funcionarios excepto aos dos subgrupos A1 e A2 (xeral e especial).

Esta exclusión inxustificada pon de manifesto a falta de representatividade do grupo A no ámbito da negociacións das condicións laborais.

Ante esta noticia, as principais asociacións de persoal funcionario do grupo A temos solicitado unha reunión urxente co Conselleiro de Facenda, para mostrar a nosa total oposición a esta discriminación arbitraria e sen fundamento da nosa carreira profesional.

escrito conxunto Agrupa e Veterinarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies