Carácter excepcional do directivo externo

A recente Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece, claramente, no 2º parágrafo do artigo 34.3, que resulta excepcional a provisión de postos con persoal que non ten a condición previa de empregado público (funcionarios/as de carreira ou persoal laboral fixo ao servizo das administracións públicas).

Enténdese que a xustificación deste apartamento da provisión por empregado público (que non se admite no ámbito da Administración xeral) debe incluír necesariamente unha descrición dos perfís requiridos e a xustificación da comprobación de que, presumiblemente, non é posible atopalos entre os corpos, escalas e categorías de persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia nin das restantes administracións públicas.

Debe terse en conta que as entidades públicas instrumentais que rexen a súa actividade administrativa polo Dereito administrativo deben aplicar a normativa xeral de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a normativa de contratos, de subvencións, de persoal, e o resto do dereito administrativo de igual modo que a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. En consecuencia, a provisión de postos directivos con persoal externo á administración, que non ten acreditado o coñecemento destas materias, debe ser obxecto dunha xustificación cualificada.

A Asociación ven de poñer de manifesto esta obriga legal á Administración autonómica.

Calquera apertura de prazas a directivo externo despois da entrada en vigor da Lei 2/2015 require que concorra esta presumible ausencia do perfil requirido entre os empregados públicos e a súa cumprida xustificación.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies