Acordo Xunta de Galicia e Administración Xeral do Estado pola carreira profesional.

O pasado 11 de setembro publicouse no DOG o acordo da comisión bilateral de cooperación entre Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia. Este acordo pon fin ás negociacións sobre o desenvolvemento da carreira profesional do persoal funcionario da nosa comunidade autónoma realizado na Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

O acordo final salvagarda a normativa existente e compromente á Xunta de Galicia a financiar a carreira profesional con cargo ao fondo adicional da masa salarial autorizado polo Real decreto lei 24/2018, do 21 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público.

Aínda que o acordo vixente non responde ás expectativas das persoas integrantes no Corpo Superior, valoramos positivamente que non se teñan creado máis atrancos para o desenvolvemento da carreira profesional.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies