A carreira profesional da Xunta de Galicia pode ser inconstitucional.

O pasado 31 de maio publicouse no DOG o acordo da comisión bilateral de cooperación entre Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia. Este acordo está relacionado co inicio de negociacións para estudar o desenvolvemento da carreira profesional do persoal funcionario da nosa comunidade autónoma realizado na Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

A representación do Estado sinala que a regulación da carreira profesional realizada pola Xunta de Galicia invade competencias exclusivas estatais. En consecuencia a normativa autonómica podería ser obxecto dun recurso ante o Tribunal Constitucional que, en caso de prosperar, implicaría a máis que probable declaración de inconstitucionalidade da norma que ampara esta mellora retributiva.

Representantes da Asociación contactaron coa Dirección Xeral de Función Pública para aclarar a situación que se presenta en relación a este tema. Dende o centro directivo asegurase que a carreira profesional non corre perigo. Admiten a posibilidade de que sexa necesaria algunha modificación lexislativa para adaptar a definición do concepto retributivo sen que implique merma ou perda do dereito no futuro.

Confiamos e esperamos que finalmente se chegue a un acordo entre o Ministerio de Política Territorial e Función Pública e a Xunta de Galicia que permita salvagardar o acordo existente, a pesar de que sexa un mal acordo e manifestamente discriminatorio respecto das persoas integrantes corpo superior.

Dende a Asociación estaremos atentos ao desenvolvemento das actuacións por parte da Dirección Xeral da Función Pública para evitar a vulneración dos nosos dereitos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies