A Asociación opónse á rebaixa de nivel das oposicións na Xunta de Galicia.

O pasado día 3 de marzo de 2021 o tribunal encargado do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado por orde do 22 de novembro de 2019 publicou os parámetros para a corrección do primeiro exercicio, tipo test.

Os ditos parámetros establecen que para superar o exercicio bastará obter un mínimo de 10 respostas correctas na primeira e 26 respostas correctas na segunda parte do exercicio. O cómputo realizarase logo das dedución por respostas incorrectas (unha de cada catro). As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As persoas que obterán estas 36 respostas correctas, terán unha valoración de 15 puntos. Do mesmo xeito asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

A convocatoria deste proceso selectivo xa fixaba uns limiares mínimos inaceptables (36 preguntas de 180, é dicir, un 2/10), e o tribunal converte eses limiares mínimos na nota de corte, algo que a convocatoria non esixe.

A Asociación presentou un escrito o luns 8 de marzo ante a Dirección Xeral da Función Pública no que manifestou o seu desacordo con que se dificulte o acceso a todos os opositores que non teñen puntos no concurso, así como con que poidan chegar a ser considerados como aptos/as quen obteña un 2/10 no primeiro de unicamente dous exames para acceder a un dos corpos que maior prestixio debe ter dentro dunha administración pública.

Neste escrito propugnamos a salvagarda dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, de xeito que, como mínimo, se estableza unha nota de corte acorde coas cualificacións da formación regrada (5/10).

Asemade, insistimos en ofrecer a nosa colaboración para cambiar a configuración e o deseño das probas nas que consista o proceso selectivo, para incluír e primar as probas dirixidas a avaliar as competencias profesionais e os coñecementos necesarios para garantir o axeitado exercicio das funcións que van a realizar.

A Asociación é consciente da problemática existente nas distintas administracións públicas en relación coas altas taxas de temporalidade existentes. Tamén ve positivo a redución desa temporalidade, pero este motivo nunca pode xustificar unha rebaixa do rigor e do nivel de esixencia que é imprescindible que teñan as convocatorias ordinarias de acceso ou de promoción interna do persoal funcionario da Xunta de Galicia.

Ao noso xuízo, os parámetros adoptados supoñen unha “rebaixa” inadmisible das esixencias para este proceso selectivo pois non garanten o cumprimento dos principios de igualdade, mérito e capacidade.

En xullo de 2019, a Asociación xa presentara alegacións aos borradores dos decretos que finalmente deron lugar a estes procesos selectivos, poñendo o punto de mira no necesario carácter extraordinario que debía ter o concurso-oposición.

Insistimos na necesidade de que se estableza a oposición como regra xeral para as convocatorias de acceso dos funcionarios para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1. Tamén en que os criterios e os temarios sexan máis acordes en contidos ao que se espera dun corpo superior.

Este baremo é inaceptable e provoca un deterioro tanto do noso corpo en particular como da administración pública en xeral.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies