A Asociación fai unha doazón polo COVID-19

A Asociación de Funcionarios do Corpo Superior da Xunta de Galicia quere amosar o seu compromiso social non só por medio do traballo diario que están a realizar moitos compañeiros e compañeiras funcionarios de todos os corpos e escalas, senón tamén facendo extensivo a toda a sociedade galega un dos seus fins constitutivos, como é o de colaborar coa Administración da Xunta de Galicia na mellora dos servizos públicos.

Así, nesta situación tan excepcional a Xunta Directiva considerou que un bo xeito de colaborar en paliar os efectos da pandemia era realizar unha doazón; polo tanto, en sesión telemática, aprobou facer unha doazón de 2.500 euros para a adquisición de material sanitario.

Esta decisión foi previamente consultada cos nosos asociados por medios telemáticos, respaldando estes a proposta de realizar a doazón na conta que ten aberta a Xunta de Galicia para recibir este tipo de achegas.

Este non é máis que un pequeno apoio e un xeito de amosar o noso agradecemento coa labor desenvolvida por tantos compañeiras e compañeiros no ámbito sanitario e de xestión para paliar as consecuencias do Covid-19.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies